Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 22 de setembro

DÍA INTERNACIONAL SEN COCHES
Dentro das actividades con motivo da Semana Europea da Mobilidade, o venres 22 o transporte urbano será gratuído e instalaranse puntos de préstamo de bicicletas nos dous aparcamentos disuasorios de Meixonfrío e Santa Marta e na estación de autobuses.

11.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ao alumnado do Colexio Santiago Apóstolo de Bos Aires.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local.

17.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción aos participantes no Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Squash.

20.30 h
No Teatro Principal, Danza flamenca por conta da compañía Asunción Pérez "Choni", que leva ao teatro o seu espectáculo Reencontro.

20.45 h
No Pazo de Congresos e Exposicións, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á presentación da nova temporada do Monbus Obradoiro.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, espectáculo humorístico Más difícil todavía, de Goyo Jiménez.

Compartir: