Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 11 de setembro

10.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira Marta Lois para presentar a XVIII edición do Ciclo de Lied "Cantigas de Outono". Na rolda tamén estarán Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña; Jesús Couceiro, presidente da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago; e José María Miranda, secretario da citada asociación.

11.30 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, visitan o CEIP López Ferreiro con motivo do inicio do curso escolar. Asiste tamén o concelleiro de Educación, Manuel Dios. Ás 12.30 h o alcalde e o concelleiro visitan o CEIP Lamas de Abade.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

Compartir: