Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 9 de marzo

11.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o deportista Borja Golán.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o ciclo Compostela Conversa. Na rolda participa tamén a directora artística do ciclo, Cristina V. Miranda.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local.

15.10 h
Na Casa das Mulleres Xohana Torres, emisión do programa "Diario Cultural" da Radio Galega, con motivo do Día Internacional das Mulleres.

19.00 h
Na Sala Agustín Magán, representación da obra ensaiada "A carreta pantasma", de Berrobambán, dentro das actividades de mediación do Programa de Residencias Escénicas da sala.

19.30 h
Na Casa das Mulleres Xohana Torres, debate "Xustiza, xéneros e coidados" dentro dos actos con motivo do Día Internacional das Mulleres.

Compartir: