Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 27 de marzo

11.00 h
Na Tapería Castelao, (rúa Nova de Abaixo), o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, presenta o proxecto para a mellora da recollida selectiva de envases lixeiros no sector HORECA (Hoteis, Restaurantes e Cafés). Asisten: María Cruz Ferreira, directora xeral de Calidade Ambiental da Xunta de Galicia; Bruno de Llano, especialista en xestión local e autonómica de Ecoembes; e Sara Santos, presidenta de Hostalería Compostela.

12.00 h
No Salón de Actos do Consello da Cultura Galega, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á presentación da Academia Galega de Teatro.

Compartir: