Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 26 de marzo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Animal, Noa Morales, para presentar a nova directora do Refuxio de Bando, Olalla García.

20.30 h
Na Igrexa de Santa Clara, concerto do organista Andrés Cea Galán, dentro do ciclo De Lugares e Órganos. Previamente, ás 20.00 h, preparación para a escoita do concerto.

Compartir: