Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 24 de marzo

11.30 h
No CIAC (Belvís), obradoiro de recoñecemento de árbores para nenos e nenas a partir de 6 anos, co gallo da celebración do Día da Árbore. Ás 16.30 h, roteiro "Coñecendo as árbores do Parque de Belvís". Está dirixido a todos os públicos (rapaces e rapazas a partir de 9 anos). Ambos previa inscrición.

12.30 h
No CSC de Conxo, mesa redonda con Carol Bret, Teresa González, Aurora Roca, María López, Sonia López e Cristina Bouzón, protagonistas da exposición "Espellos de Pedra", de Gabriel Tizón.

17.00 h
No CSC de Aríns, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asiste ao obradoiro de empoderamento para as mulleres do rural, dentro da programación do Día Internacional das Mulleres.

18.30 h
No Teatro Principal, Markeliñe presenta "Euria (Choiva)", dentro do ciclo Cultura en Familia. Este espectáculo foi Premio ao Mellor Espectáculo Fetén 2017.

20.30 h
Na Igrexa da Universidade, concerto da Orquestra da USC dentro do ciclo De Lugares e Órganos. Dirixida por Mario Diz e con Erea Blanco Balvís ao órgano.

22.00 h
No Teatro Principal, "Alguén que Respira! ", produción propia de Estibaliz Espinosa, Ana Vallés e Lupe Gómez. A continuación, concerto con Niño de Elche, para pechar o Alguén que Respira! I Festival de Poesía para Corpo Principal.

Compartir: