Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 22 de marzo

11.00 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, xunto co concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, participan na celebración do Día da Árbore na rúa da Raiola.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, e do voceiro do grupo parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta da adhesión do Concello de Santiago ao proxecto "As pegadas de Rosalía". Na rolda tamén participarán os alcaldes de Ames, José Miñones; Brión, Xosé Luis García; e Padrón, Antonio Fernández Angueira; e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira.

20.00 h
Na Fundación Eugenio Granell, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presenta o libro "80 anos. Santiago 1936. Memoria da exposición".

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia, dirixida polo organista David Hill. Enmarcado tamén dentro do ciclo De Lugares e Órganos.

21.00 h
Na igrexa de san Domingos de Bonaval, concerto da Banda Municipal de Música e o Coro Cardeal Quiroga. A banda estará dirixida por Casiano Mouriño e o Coro por José Luis Vázquez.

Alguén que Respira! I Festival de Poesía para Corpo Principal.
Teatro Principal
11.00 h Café con Andrew McMillan, Isaac Xubín, Olvido García Valdés e Ana Romaní.
19.00 h Catro Graos de Abertura : Regueifa e Torneo de Slam.
22.00 h Poesía no Fío. Produción propia con Clara Gayo, Carlos Santiago e Zé Paredes.

Compartir: