Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 20 de marzo

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, Limiar Teatro presenta "O conto da azuzaina", dentro do Programa Didáctico.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, sobre o Plan de Xestión da Cidade Histórica de Santiago. Na rolda tamén estará o codirector do Plan, Juan Requejo.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Manuel Dios, para presentar a exposición "Santiago Pintado". Na rolda tamén estará Pablo Sampedro, director da Área de Cultura da USC.

12.00 h
No Salón Verde, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, preside o Pacto polo Emprego. Declaracións ao inicio.

18.00 h
No Auditorio de Galicia, "Versos no contemporáneo", encontro de poetas arredor do Día da Poesía. Enmarcado dentro das actividades da exposición do 10º Premio Auditorio de Galicia.

20.00 h
No Salón Bandín (República de El Salvador, 3), "O órgano sae á rúa’, dentro do ciclo De Lugares e Órganos.

20.30 h
No Teatro Principal, concerto-coloquio da cantante Sés, no marco do proxecto Descarboniza, que non é pouco!, impulsado pola Concellaría de Medio Ambiente en colaboración coa USC.

Compartir: