Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 16 de marzo

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto "A historia extravagante de Hipo & Gavante", coa Banda Municipal de Música, dentro do programa didáctico e do Festival Atlántica.

11.00 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar a I Milla Urbana "Portas de Compostela". Na rolda tamén estarán o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, e o presidente do Club Atletismo Santiago, Alfonso López Menduiña.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

12.15 h
Na Coruña, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, participa nunha Mesa Redonda sobre a taxa turística.

19.30 h
Na Casa das Mulleres Xohana Torres, presentación do libro de Xohana Torres "Elexías a Lola", dentro da programación con motivo do Día Internacional das Mulleres.

20.00 h
No Vide Vide Espazo Enocultural, "O órgano sae á rúa" dentro do ciclo De Lugares e Órganos.

Compartir: