Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 15 de marzo

10.30 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, clausura o obradoiro de emprego Ecotur Xuvenil III. Farase un percorrido pola senda do río Sar dende a Ponte de Suarribas e un acto de entrega de diplomas no Concello (11.15 h, aprox).
(Ás 10.15 horas sairá un microbús da praza do Obradoiro ata o punto de encontro, na Ponte de Suarribas, onde se iniciará e rematará o percorrido. O microbús agardará alí para o traslado de volta ao Concello).

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, para presentar o ciclo "De Lugares e Órganos". Na rolda participa tamén a directora artística do ciclo, Belén Bermejo.

13.00 h
No Salón Nobre, recepción ao alumnado do IES Ciudad de los Poetas, de Madrid, con motivo do intercambio co IES Arcebispo Xelmírez I.

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, das actas correspondentes ás sesións ordinaria do 15 de febreiro de 2018 (núm. 2), extraordinaria e urxente do 21 de febreiro de 2018 (núm. 3) e extraordinaria do 21 de febreiro de 2018 (núm. 4).
2.- Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
3.- Aprobación definitiva da memoria de asunción directa da xestión dos servizos da ORA e guindastre.
4.- Proposta da Concelleira delegada de Economía, Facenda e Administración de aprobación de expediente de crédito extraordinario 2018-CREXT-01 do orzamento do ano 2018 por importe de 1.428.113,30 €, financiado con novos ingresos procedentes das tarifas aboadas polos usuarios dos servizos da grúa e da ora.
5.- Proposta ao Pleno da Corporación para que se pronuncie sobre a aprobación ou rexeitamento do Convenio con Augas de Galicia e Acuaes para executar as obras da nova Edar do Souto.
6.- Proposta da Concelleira delegada de Economía, Facenda e Administración de aprobación de expediente de suplemento de crédito 2018-SUPLE-01 do orzamento do ano 2018 por importe de 143.520,00 €, financiado con novos ingresos procedentes de préstamo formalizado e non disposto.
7.- Proposta da Concelleira delegada de Economía, Facenda e Administración de aprobación de expediente de modificación das Bases de Execución do Orzamento 2018 (base 18).
8.- Aprobación do convenio de colaboración coa Administración Xeral da Xunta de Galicia para a asunción da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos da policía local e as prazas de auxiliares da policía local ou as prazas de vixilantes municipais.
9.- Proposta da Alcaldía de modificación dos estatutos da Asociación de Concellos, para a promoción e desenvolvemento do Camiño Inglés.
10.- Aprobación inicial do Regulamento de funcionamento interno do Consello municipal de cooperación e solidariedade.
11.- Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre o coidado e rehabilitación da Igrexa de Santa Susana e o seu recinto.
12.- Proposición do grupo municipal do BNG, para axilizar o procedemento administrativo dos servizos municipais externalizados que operan sen contrato.
13.- Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, relativa ás actuacións necesarias e urxentes para a mellora do ámbito de San Lourenzo-Carme de Abaixo.
14.- Dar conta de resolucións da alcaldía e das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
15.- Rogos, preguntas e interpelacións.

18.00 h
Na Sala Agustín Magán (CSC Santa Marta), actividade de mediación co público da Orquestra de Malabares de Pistacatro, dentro do programa de residencias escénicas.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, "Suite española", concerto da pianista Rosa Torres Pardo e a cantaora Rocío Márquez, dentro do Ciclo de Piano Ángel Brage.

Compartir: