Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 12 de marzo

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Manuel Dios, para presentar a programación didáctica para escolares do Banquete de Conxo. Na rolda estará o autor da mesma, Alfonso Iglesias Amorín.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar a SantYago 10K. Na rolda tamén estará o presidente do Club Atletismo Fontes do Sar, José Antonio Juanatey.

12.30 h
Na sede da Asociación Hostalería Compostela (rúa das Salvadas, 29), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; a concelleira de Turismo, Marta Lois; e a presidenta da Asociación Hostalería Compostela, Sara Santos, participan na presentación da Festa Gastronómica das Uñas de San Lázaro. No acto haberá unha degustación das uñas preparadas por catro estudantes do CIFP Compostela.

Compartir: