Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 1 de marzo

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, Zoar presenta "Xogo de pillabáns" dentro do programa Didáctico.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Sala Numax, a concelleira de Acción Cultural asiste á presentación dos Premios Martín Códax da Música. Na presentación tamén participarán Ramón Bermejo, voceiro de MAV; Jacobo Sutil, director de Agadic; Xosé Leal, deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra; e María Garrido, directora de Marketing das Adegas Martín Códax.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar os actos con motivo do patrón dos Bombeiros. Na rolda tamén estará Juan José Picón, presidente da Asociación Sociodeportiva de Bombeiros Profesionais de Santiago de Compostela.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar as obras de mantemento nas instalacións deportivas.

16.00 a 20.00 h
Na Zona "C", Taller de fabricación de arame espiño personalizado con Amine Asselman, dentro da súa interveción "Global Complexity".

19.00 h
No Auditorio Abanca, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de entrega dos Premios San Clemente.

19.45 h
No Auditorio de Galicia, Conversando con… Vicente Alberola, previo ao concerto das 20.30 h da Real Filharmonía de Galicia.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia con Paquito d’Rivera, dirixida por Vicente Alberola.

21.30 h
Na Sala Capitol, concerto Rock and Elas, que marca o inicio do programa de actividades organizadas polo Concello con motivo do Día Internacional das Mulleres.

Compartir: