Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 4 de setembro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG Goretti Sanmartín sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, para presentar a XXXI Semana Cultural de Conxo.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Fundación Granell, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación do WOS Festival 2017. Tamén interveñen o director da Agadic, Jacobo Sutil; a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; o product manager de Son Estrella Galicia, Víctor Mantiñán; e o director do WOS, Iván Arias.

Compartir: