Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 18 de setembro

10.15 h
No Camiño de Lermo (proximidades do río Sarela), o voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, mantén un encontro cos medios de comunicación.

11.00 h
Na Tenda Nikis Galicia Style (rúa Preguntoiro 26), ROLDA DE PRENSA de presentación do Festival Rosalía, que terá lugar os días 29 e 30 de setembro en Santiago de Compostela e que incluirá unha gala e unha feira de productos rosalianos.
Na rolda estarán:
- Marta Lois, concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago.
- Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación.
- Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG).
- Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía.
- Xiana Lastra, artista participante na gala.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

20.30 h
No Teatro Principal, Le bestiaire, primeiro concerto do XVIII do Ciclo de Lied en conmemoración do 99 aniversario do pasamento de Guillaume Appolinaire. Obras de A. Honegger e F. Poulanc. Coa dirección de Rafael Villalobos, a voz e clarinete de Javier Povedano e o piano de Jorge Robaina.

Compartir: