Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 17 de setembro

10.00 h
En Xoán Carlos I, a concelleira de Deporte, Noa Morales, dá o pistoletazo de saída á última etapa da Volta Ciclista a Galicia. Ás 13.00 horas, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira fan entrega dos premios.

18.30 h
No Teatro Principal, Teatro Infantil. A compañía Viravolta representa o espectáculo O arxina e o felo. O canteiro e o demo. Monicreques e humor para público miúdo. A actividade forma parte do programa Apego, para a promoción do galego como primeira lingua.

Compartir: