Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 15 de setembro

9.30 h
No Pazo de Fonseca, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á inauguración do Simposio Internacional "Xerardo Fernández Albor e o seu tempo. Cen anos dun presidente".

10.45 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción á presidenta da Asemblea Lexislativa da Rexión Autónoma das Illas Azores, Ana Luisa Pereira Luís.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro secretario da Xunta de Goberno Local, Xan Duro, para dar conta dos asuntos tratados na última sesión.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Políticas Sociais e Mocidade, Concha Fernández e Noa Morales, para presentar o II Festival de Muralismo e Graffiti.

13.00 h
Na Praza de Abastos (Nave 5), concerto de presentación da tempada da Real Filharmonía de Galicia. Paul Daniel dirixe á orquestra na interpretación da Música Acuática de Haendel. Acceso libre ata completar aforo. Asiste o alcalde de Santiago, Martiño Noriega.

18.30 h
No Cemiterio de Bonaval, Festival herDanza. Representación de Analepsis, da Compañía trasPediante. Con Paula Quintas. Acceso libre.

20.00 h
No CSC das Fontiñas, concerto de presentación da tempada da Real Filharmonía de Galicia. Paul Daniel dirixe á orquestra na interpretación da Sinfonía nº 7 de Beethoven e da Música Acuática de Haendel. Acceso libre ata completar aforo.

20.00 h
Na Praza de San Martiño Pinario, Festival herDanza. Representación de Alteridad, da Compañía Emesis Colectiva. Con Ángel Zotes e Ruth Oblanca. Acceso libre.

20.30 h
No Teatro Principal, terceiro pase de A Canción do Elefante, de Redrum Teatro. Un thriller psicolóxico dirixido por Álex Sampayo, con Guillermo Carbajo, Ernesto Chao e Patricia Vázquez como protagonistas. Entrada: 10 euros.

22.30 h
Na Praza da Inmaculada, Festival herDanza. Representación de Non hai que ser unha casa para ter pantasmas, da Compañía Prácido Domingo. Con Belén Bouzas, Fran Martínez e Diego M. Buceta. Acceso libre.

Compartir: