Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 1 de setembro

11.00 h
Na Casa do Concello (Salón Verde) o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o vicepresidente executivo da Fundación ONCE, Alberto Durán, asinan un convenio de colaboración para desenvolver actividades que faciliten a integración laboral das persoas con discapacidade

11.00 h
No Polígono do Tambre, o concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, participa na visita ao inicio das obras da Variante de Aradas. Punto de encontro: cruce da vía Marconi coa vía Nobel.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista Gonzalo Muíños sobre asuntos de carácter local.

Compartir: