Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 6 de xuño

10.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde en funcións, Martiño Noriega, e o alcalde electo, Xosé Sánchez Bugallo, manteñen a primeira reunión para o traspaso de poderes, xunto coas persoas dos seus respectivos equipos. SÓ GRÁFICOS. Haberá declaracións ao remate.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural en funcións, Branca Novoneyra, para presentar a III edición da SELIC, Semana do Libro de Compostela. Tamén estarán: Henrique Alvarellos, de Alvarellos Editora; Celia Recarey, de Irmás Cartoné; e Suso Vázquez, de Desescribir (deseñador da imaxe).

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación en funcións, Manuel Dios, para dar a coñecer o fallo do xurado da XII Edición do Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados.

19.30 h
No Museo do Pobo Galego (Salón de actos), o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio en funcións, Martiño Noriega, asiste á presentación do libro "Castelao. Construtor da nación. Tomo I 1886-1930". Tamén estarán: Miguel Anxo Seixas Seoane, autor da publicación; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; Juan Conde, responsable de Publicacións do Consorcio; Francisco Castro, director da Editorial Galaxia; e Xusto Beramendi, presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego.

20.00 h
No Teatro Principal, "Tarde de sensacións", concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Casiano Mouriño.

Compartir: