Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 23 de setembro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e de Barrios, Javier Fernández, para presentar a VI Festa da Zona Nova. Na rolda estará tamén o presidente de Honra da Asociación Raigame, Xaquín Mato; e o presidente, Xosé Manuel Durán.

11.00 h
No Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na inauguración do acto "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", co reitor da USC, Antonio López.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta Branca Novoneyra, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

13.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, á visita ás obras de mellora e integración paisaxística dos Camiños de Santiago no ámbito do Monte do Gozo.
Punto de encontro: intersección da rúa do Gozo coa rúa San Martiño

18.15 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese cos representantes da Asociación Ourives de Compostela.

19.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación Provincial de Empresarios de Construción da Coruña (APECCO).

19.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co presidente da Federación Galega de Squash, Carlos Noya, e o presidente do Arteal Tenis de Mesa, José Fernández Alborés.

20.30 h
No Teatro Principal, concerto do Ciclo de Lied coa soprano Juliane Banse; o pianista Alexander Krichel; o bailarín István Simon e coreografía de Andreas Heise nun programa íntegro de Schubert.

Compartir: