Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 9 de marzo

10.00 h a 14.00 h
No Parque de Bombeiros (rúa de Rodríguez de Viguri), Xornada de Portas Abertas. Asiste o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, ás 12.00 h.

17.30 h
No Multiúsos Fontes do Sar, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á entrega de premios e á gala posterior (18.30 h) da sexta edición do Torneo Viravolta Jael.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, "Enredadas: coplas e alalás", concerto de Uxía, Ugía Pedreira, Martirio e Carmen París.

20.30 h
No Teatro Principal, La Macana presenta "Pink Unicorns" dentro de Compostela Cultura Artes Escénicas. Ao remate haberá #posfuncion do Club C!.

Compartir: