Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 7 de marzo

11.00 h
No Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes, o alumnado do CEIP Quiroga Palacios asiste ao primeiro concerto do ciclo de música tradicional a cargo dos músicos Rosa Sánchez e Pablo Carpintero.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, para dar conta do inicio das obras de Batalla de Clavijo

11.30 h
No Cersia, obradoiro de empoderamento con Aurélie Salvaire, dentro do programa de actividades con motivo do 8M, Día Internacional das Mulleres. Asiste a concelleira de Igualdade, Marta Lois.

12.00 h
Na Alameda, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, participan no acto simbólico de colocación dunha bufanda vermella na escultura de Ramón María Valle-Inclán organizado pola Fundación Eugenio Granell en colaboración co Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.

13.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día: proposta do grupo municipal popular de constitución dunha comisión de estudo de carácter especial da contratación menor de servizos realizada durante este mandato.
NOTA: haberá streaming.

19.30 h
Na Casa das Mulleres Xohana Torres, mesa redonda "Pensar o amor no século XXI", dentro do programa de actividades con motivo do 8M, Día Internacional das Mulleres.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á III Gala do Deporte.

Compartir: