Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 6 de marzo

10.00 h
No Campus Vida (Salón de Actos do Instituto de Cerámica da USC, Monte da Condesa), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á presentación da Agrupación Estratéxica en Materiais da USC, AEMAT.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o VI Torneo Viravolta Jael de ximnasia rítmica. Na rolda estará Wendy Rey, do club Viravolta.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

19.00 h
No Auditorio Abanca, encontro con empresarias, emprendedoras e profesionais galegas "Mulleres mudando a balanza", organizado pola Concellaría de Igualdade, dentro do programa de actividades con motivo do Día Internacional das Mulleres.
Programa:
19:00 Apertura institucional: Martiño Noriega, alcalde de Santiago.
19:15 Un retrato do emprendemento feminino en Galicia.
Presenta Marta Lois, concelleira de Igualdade.
Lucía Freitas, chef Estrela Michelín.
Elena Ferro, deseñadora.
Luz Castro, doutora en informática.
20:00 Mulleres con talento transformando o mundo: Aurélie Salvaire.

Compartir: