Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 30 de marzo

9.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
PUNTO ÚNICO: designación de membros de mesas electorais por mor das vindeiras eleccións xerais.

13.00 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto organizado pola veciñanza de nomeamento da rúa Pablo Leis Antelo, a carón da Costa do Vedor (barrio de San Pedro).

18.30 h
No Teatro Principal, "Arlequina", espectáculo co que Os Monicreques de Kukas celebran os 40 anos de compañía. Dentro da programación de Compostela Cultura Artes Escénicas e En Familia.

18.30 h
No Auditorio de Galicia, "Mini Mozart", concerto familiar da Real Filharmonía de Galicia coa colaboración do Serviço Educativo da Casa de Música de Oporto. Dentro do "Descubre unha orquestra para ti… a túa!".

Compartir: