Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 28 de marzo

10.30 h
Na Incubadora de empresas Glòries de Barcelona Activa, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asiste ao encontro REDEL (Rede de entidades para o desenvolvemento local).

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar o espectáculo "Bravas fronte ao cambio climático". Na rolda tamén participará Miguel Pardellas, en representación do Grupo de Investigación SEPA, de Pedagoxía Social e Educación Ambiental da Universidade de Santiago.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o "Roteiro Asorey", organizado en colaboración coa Asociación Cultural O Galo. A entidade estará representada pola súa secretaria, Mercedes Espiño, e a tesoureira, Esperanza Delgado.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, "Mini Mozart", concerto didáctico da Real Filharmonía de Galicia coa colaboración do Serviço Educativo da Casa de Música de Oporto.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, para presentar a actividade educativa de radio comunitaria no barrio de Conxo.

12.30 h
No triángulo instalado na Praza Roxa con motivo do 8 de marzo, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, participa na acción organizada polo colectivo Caixa de Pandora.

19.30 h
Na Zona C, inauguración de "Verticais", intervención de Brais Pinto e resultado do traballo que o creador desenvolve despois de obter o accésit do X Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas.

20.30 h
No Teatro Principal, estrea de "Arlequina", espectáculo co que Os Monicreques de Kukas celebran os 40 anos de compañía. Dentro da programación de Compostela Cultura Artes Escénicas.

Compartir: