Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 26 de marzo

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar "Arlequina", a obra que estrean Os Monicreques de Kukas esta semana no Teatro Principal e coa que celebran o seu 40 aniversario. Na rolda participan tamén Isabel Rei e Marcelino de Santiago, Kukas, da compañía, e o director de AGADIC, Jacobo Sutil.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, para presentar o Campamento Urbano que se vai celebrar no CC do Castiñeiriño.

11.30 h
Na Casa do Cabido, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura a exposición "Elas, retrato dun mercado". Asisten o fotógrafo Manuel Blanco; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; e Juan Conde, responsable de Exposicións do Consorcio

12.00 h
No Consello da Cultura Galega, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneya, asiste á presentación do I Congreso Internacional do Teatro Galego.

MICE, 14 Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. Teatro Principal
20.30 h. Proxección
22.00 h. Proxección

Compartir: