Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 25 de marzo

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, "Elas Bravas!", dentro do progarama de Didácticos Audiovisuais.

10.30 h
En Portomarín, o alcalde, Martiño Noriega, participa na Xunta Directiva da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, para presentar a XIX Campaña de Animación á Lectura. Na rolda estará Manuel Rodríguez, da Editorial Kalandraka.

12.00 h
No autobús da Liña 6 (Os Tilos- San Marcos), ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Marta Lois, para presentar a campaña de sensibilización sobre as violencias machistas no transporte público. Punto de encontro: Parada de bus das escaleiras da praza de Abastos (Rúa Virxe da Cerca). O percorrido rematará na rúa da Rosa.

17.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; o alcalde de Léon e presidente da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago, Antonio Silván; e o director adxunto operativo da Garda Civil, tenente xeneral Laurentino Ceño; asinan o procedemento operativo de colaboración entre a Garda Civil e a Asociación de Municipios do Camiño de Santiago.

MICE, 14 Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. Teatro Principal
20.30 h. Sesión Inaugural
22.30 h. Proxeccións

Compartir: