Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 22 de marzo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para dar conta dos nomeados como Comercios Emblemáticos 2018.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do primeira tenenta de alcalde de Santiago, María Rozas, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

12.30 h
No CEIP Ramón Cabanillas, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, participa na plantación con motivo do Día da Árbore co alumnado do centro.

19.30 h
Na Casa das Mulleres Xohana Torres, presentación do libro "Feminicidio", de Carme Adán, dentro da programación con motivo do Día Internacional das Mulleres.

Compartir: