Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 18 de marzo

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, "Danza da choiva" dentro do Compostela Cultura Didáctica.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, para presentar os intercambios escolares do Eixo Atlántico. Na rolda estará o director do CEIP López Ferreiro, José Ramón Carril; a profesora do centro que acudirá aos intercambios e dous escolares.

12.00 h
No Xardín das pedras que falan (Colexio de Fonseca), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o reitor da USC, Antonio López, presiden o acto de descubrimento de cinco novas pedras con poemas de Marta Pessarodona, Kerstin Hensel, Zéno Bianu, Bernardo Atxaga e Valle-Inclán. No acto estarán Zéno Bianu, Bernardo Atxaga, Antonio González Millán, director do Museo Valle-Inclán; Xaquín del Valle-Inclán, neto do escritor; e Suso de Toro, escritor e autor do proxecto.

Compartir: