Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 15 de marzo

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), "A Bela Dormente" coa Banda Municipal de Música dentro da programación didáctica e do Festival de Narración Oral, Atlántica.

12.00 h
Na sede de ACUAES (Madrid), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a directora xeral de ACUAES, Rosa Cobo, asinan o convenio de colaboración para o financiamento dos custos incurridos no proceso de diálogo competitivo para a determinación do proxecto da EDAR da Silvouta.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do primeira tenenta de alcalde, María Rozas, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

19.30 h
Na Casa das Mulleres "Xohana Torres", proxección do documental "Concha Castroviejo: Arelas de liberdade", dentro da programación do 8 de marzo, día internacional das mulleres.

Compartir: