Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 14 de marzo

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Centros Cívicos, Concha Fernández, para presentar o programa Cantos de Taberna de Primavera. Na rolda tamén participa o presidente da asociación Muiñeiros do Sarela, Fernando Rosende.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar unha nova edición da carreira SantYaGo 10K. Na rolda estarán José A. Juanatey, presidente do Club de Atletismo Fontes de Sar; José Laíño Noya, médico responsable do comité científico da Sociedade Española de Patoloxía Dixestiva; e Isidoro Hornillos, presidente da Federación Galega de Atletismo.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o II Festival de Poesía para Corpo Principal "Alguén que respira". Na rolda tamén participarán o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o coordinador do festival, Antón Lopo.

12.30 h
No Centro Cívico do Ensanche, a concelleira de Centros Cívicos, Concha Fernández, asiste á inauguración da exposición da Asociación de Pintores coa boca e co pé.

13.30 h
No Salón Verde, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, reúnese cunha delegación da cidade danesa de Roskilde.

19.45 h
No Auditorio de Galicia, Conversando con… Baldur Brönnimann, previo ao concerto no que dirixirá á Real Filharmonía de Galicia.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, "Raíñas e infantas", concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Baldur Brönnimann dentro do Programa de Abono.

Compartir: