Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 1 de marzo

10.45 h
No Aeroporto, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visita a nova oficina de turismo compartida entre Turismo de Galicia e Turismo de Santiago, xunto co conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o director do Aeroporto, Ricardo López. Tamén asisten a concelleira de Turismo, Marta Lois; Elena Barca, xerente de Turismo de Galicia; Flavia Ramil, xerente de Turismo de Santiago; e o arquitecto Óscar Lopez Alba.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o Campionato de España Senior de Loitas Olímpicas. Na rolda estará Pablo Pintos Figueroa, Director Técnico da Federación Galega de Loita.

12.45 h
No Espazo Abella (Formarís 26 A), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa na presentación do Diccionario da Comida Galega. Na rolda participarán o autor do traballo, Xavier Rodríguez Baixeras; os editores César Lorenzo Gil (Aira Editorial) e Xan Carballa (Engaiolarte Edicións); e a concelleira de Turismo, Marta Lois.

20.30 h
No Teatro Principal, "Carpe Diem", de Producións Teatrais Excéntricas, que celebra con esta obra o 15 aniversario da compañía, dentro da programación de Compostela Cultura Artes Escénicas.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de James Rhodes que interpreta un programa con obras de Beethoven, Chopin e Bach.

Compartir: