Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 4 de decembro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o II Concurso de Canto Compostela Lírica. Na rolda tamén estará Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais; Jesús Couceiro, presidente da Asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela; e José María Miranda, secretario da Asociación, entidade organizadora do concurso.

16.00 h
No CSC de Santa Marta (Sala Agustín Magán), a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, intervén na xornada "A Cultura en Santiago de Compostela. Diagnose de situación e reflexión colectiva".

20.00 h
No Centro Empresarial do Tambre, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto conmemorativo do día do asociado do Tambre.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, a concelleira Esther Pedrosa asiste á Gala aRi(t)mar, promovida pola Escola Oficial de Idiomas, e que ten por obxectivo difundir a poesía e a música editadas en Galicia e Portugal.

Compartir: