Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 5 de outubro

10.00 h
No Centro Sociocultural de San Lourenzo, a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, dá a benvida aos participantes na andaina solidaria contra o maltrato animal no Camiño.

10.15 h
Na praza do Obradoiro, recepción á Fundación I´ll push you, primeira edición dunha viaxe apta para persoas con discapacidade no Camiño de Santiago baixo o nome "Empuxareite: Camiño Accesible".

10.45 h
Na praza do Obradoiro, os concelleiros Esther Pedrosa, Gonzalo Muíños e Marta Abal asisten ao acto de inauguración da VII Marcha Unificada Special Olympics Galicia. Ás 14.00 h, a concelleira Noa Díaz participa no acto de clausura.

12.30 h
No Centro de Convencións do Eurostars Gran Hotel A Toxa, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de clausura do I Foro A Toxa - Vínculo Atlántico.

13.00 h
Na praza do Obradoiro, recepción á Asociación Compostelá de Diabéticos, tras rematar a camiñata simbólica polo centro da cidade baixo o lema "Camiñando xuntos polo pé diabético".

21.00 h
No Salón Teatro, "Solo Vocal Performance", de Blixa Bargeld, dentro de CURTOCIRCUÍTO 2019.

Compartir: