Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 3 de outubro

11.00 h
No Pazo de Congresos, o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación do 70 Congreso da SEORL-CCC, que se celebra en Santiago do 3 ao 6 de outubro. Na rolda estarán os doutores Pablo Parente e Carlos Martín, organizadores do congreso, e o doutor Raimundo Gutiérrez Fonseca, secretario xeral da SEORL-CCC.

12.30 h
Na sede de El Correo Gallego no Polígono de Costa Vella, a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación da 42ª Carreira Pedestre Popular de Santiago.

17.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa no acto de apertura da Asemblea Plenaria do Consello de Conferencias Episcopais de Europa.

18.30 h
No Pazo de Congresos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugura o 70º Congreso da Sociedade Española de Otorrinolaringoloxía e Cirurxía de Cabeza e Pescozo (SEORL-CCC).

19.45 h
No Auditorio de Galicia, Conversando con… Manuel Coves, previo ao concerto no que dirixe á Real Filharmonía de Galicia.

20.00 h
No CSC do Castiñeiriño, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugura a exposición "A Cidade, o Camiño e Nós", organizada polo Concello de Santiago e a Rede Galabra (Universidade de Santiago).

20.30 h
No Auditorio de Galicia, "Noite de Zarzuela", concerto da Real Filharmonía de Galicia dentro do Programa de Abono. Dirixidos por Manuel Coves e con Miren Urbieta Vega, soprano, e Damián del Castillo, barítono, nunha coprodución coa Asociación de Amigos da Ópera de Santiago.

22.30 h
No Teatro Principal, RŪGA, performance con Javier Martín + Marta Verde + Artur M. Puga, dentro de CURTOCIRCUÍTO 2019.

Compartir: