Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 24 de outubro

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, ‘Animalia’, concerto da Banda Municipal de Música e A Cova das Letras, dentro do Programa Didáctico.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, para presentar a quinta edición do Salón de Vehículos de Ocasións, que terá lugar no Recinto Feiral de Amio. Na rolda tamén estará Fabián Saavedra, organizador do evento, e Mónica Cañoto, en representación do Recinto Feiral.

13.30 h
Na sede da Vicrepresidencia da Xunta, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co vicepresidente, Alfonso Rueda. (SÓ GRÁFICOS. Enviarase nota de prensa).

17.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, das actas correspondentes á sesión ordinaria do 26 de setembro e extraordinaria do 15 de outubro, deste ano 2019.
2.- Aprobación inicial da modificación puntual do PXOM en execución das sentenzas anulatorias do polígono 11. Castiñeiriño.
3.- Ampliación dos usos autorizados na reserva de equipamento RE-4. Polígono 3 do Plan parcial de Fontiñas.
4.- Ampliación dos usos autorizados na reserva dotacional multiuso DM-6. Triacastela.
5.- Proposición do grupo municipal de Compostela Aberta, para a reactivación da comisión encargada de determinar a forma máis sostible e eficiente de xestionar os servizos de abastecemento de auga e saneamento.
6.- Proposición do grupo municipal de Compostela Aberta, para a construción de vivenda pública e mobilización da vivenda baleira.
7.- Proposición do grupo municipal do BNG, para crear una centro de fotografía en Santiago de Compostela.
8.- Proposición do grupo municipal do BNG, para realizar un plan para impulsar o comercio de proximidade compostelán.
9.- Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre a elaboración dun plan municipal integral contra os ruídos nocturnos.
10.- Proposición do grupo municipal do Partido Popular, para executar investimentos na cidade en 2019 e 2020 por importe de 5 millóns de euros, procedentes do superávit, e se cumpra cos prazos de pagamento a autónomos e empresas.
11.- Corrección acta da sesión extraordinaria do 28 de xuño do corrente ano, punto n5.
12.- Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.

19.45 h
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), Conversando con… Paul Daniel e Sofia O. Infante Souto, previo ao concerto da Real Filharmonía de Galicia ás 20.30 h.

20.00 e 22.00 h
No Teatro Principal, proxeccións da Semana de Cine Euroárabe AMAL. Toda a información en amalfestival.com

20.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘Soños de Inverno’, concerto especial da Real Filharmonía de Galicia, polo 30 aniversario do Auditorio. Dirixidos por Paul Daniel e coa estrea absoluta dunha obra de Sofia O. Infante Souto, encargada especialmente para a ocasión pola RFG.

Compartir: