Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 22 de outubro

9.00 h
No CGAC, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participa na inauguración da Xornada Cultura e Autismo, na que se presentará a revista Maremágnum.

11.00 h
No Pazo de Congresos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugura a Feira Talentia, dentro do Talentia Summit’19.

17.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción a Francisco Javier Sánchez Fernández, Xeneral Xefe da Forza Loxística Operativa e aos efectivos da Forza Loxística Operativa que percorren un tramo do Camiño de Santiago por sistema de patrullas en carreira de relevos.

20.00 e 22.00 h
No Teatro Principal, proxeccións da Semana de Cine Euroárabe AMAL. Toda a información en amalfestival.com

Compartir: