Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 20 de outubro

Desde as 11.00 e durante todo o día
No Auditorio de Galicia, O Auditorio de Gala!, xornada de actividades e portas abertas para celebrar o 30 aniversario do Auditorio de Galicia.
11.00 Visita guiada ‘Descubre o AdG'
11 e 11.30 h Orfeón Terra A Nosa
13.00 h Carlos Blanco conta as súas viaxes coa RFG. Asisten o alcalde de Santiago Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón.
13.30 h Sesión vermú con Suso Alonso ao piano e petiscos especiais na Cafetería Lasso.
17.00 h Visita guiada ‘Descubre o AdG'
17.30 h Píscore presenta Concerto (non tan) singular, para toda a familia
19.00 h Fin de festa con Pisando Ovos e concerto final de Ortiga

12.00 h
No Teatro Principal, ‘Concerto para violín de Chaikovski’ coa Banda Municipal de Música de santiago e o violinista Grigori Nedobora. Dirixidos por Casiano Mouriño.

XXIV Festival Internacional Galicreques 2019
No Teatro Principal, Centros Socioculturais e outros espazos, ao longo de todo o día.
Toda a información en galicreques.com

Compartir: