Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 4 de outubro

10.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ás persoas da República Dominicana participantes no Máster de arquitectura da Universidade da Coruña.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Escola Oficial de Idiomas, o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asiste á presentación da Gala aRitmar 2018. Na rolda estarán o director da EOI, Gonzalo Constenla; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín.

19.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ás persoas participantes no 49º Congreso Nacional de Podoloxía.

19.30 h
Na Casa das Mulleres Xohana Torres, charla-debate: O urbanismo desde a perspectiva feminista, dentro das actividades da Semana Europea da Mobilidade.

20.00 h
Na Fundación Granell, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á inauguración da exposición Agora Ágora, de Denís Estévez.

CURTOCIRCUÍTO, 15º Festival Internacional de Cine
Toda a información en curtocircuito.org

Compartir: