Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 21 de outubro

12.00 h
No Centro Don Bosco (rúa Belvís, 2), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa no acto con motivo do 25 aniversario do centro.

12.00 h
No Teatro Principal, "A Trompa Alpina", concerto da Banda Municipal de Música, dirixida por Casiano Mouriño e con Samuel Pérez como trompa solista.

12.00 h
No Campo do Sergas, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á presentación da campaña #FutFEMinízate "Goleada de Valores" impulsada pola Asociación de Clubes de Fútbol Feminino e do Victoria FC.

XXIII Festival Internacional Galicreques 2018
Toda a programación en galicreques.com

Compartir: