Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 28 de decembro

11.00 h
Na Alameda (a carón das Dúas Marías), inauguración da exposición "A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía".
Participan:
- Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía
- Rubén Prol, concelleiro de Educación, Mocidade e Políticas Lingüísticas do Concello de Santiago

17.00 h
Na Catedral de Santiago de Compostela, acto de entrega do Premio Patrimonio 2021 do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España á Fundación Catedral de Santiago, outorgado con motivo da restauración levada a cabo no templo. Asisten o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o presidente do GCPHE e alcalde de Mérida, Antonio Rodríguez Osuna, e o Arcebispo de Santiago, Julián Barrio.
NOTA: acceso para gráficos e redactores pola praza da Inmaculada ás 16.50 h.

Compartir: