Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 23 de decembro

11.00 h
No Salón de Graos do Colexio de San Xerome, acto de presentación do convenio de colaboración para a renovación e o acondicionamento da pista do Estadio de Atletismo do Campus Vida. Asisten: Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago; Antonio López, reitor da USC; Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña; José Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o deporte da Xunta de Galicia.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

Compartir: