Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 2 de decembro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Obras, Javier Fernández, para dar conta das últimas actuacións da Concellería.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, para presentar as accións de Nadal promovidas por Turismo de Santiago. Estará acompañado pola responsable de Marketing da entidade municipal, Yolanda Ferro.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Política Lingüística, Rubén Prol, e de Xavier Freire Chico, membro da dirección da Cámara de Comercio, sobre o Premio Manuel Beiras.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
No Hostal, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega das insignias e diplomas da Confederación de Empresarios de Galicia.

17.00 h
Na rúa Boisaca, 11, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración do complexo funerario Apóstolo Santiago.

19.30 h
No Teatro Principal, faladoiro ‘Arredor da economía circular’. O evento, que será conducido polo divulgador científico Manuel Vicente, director e presentador do programa Efervesciencia da Radio Galega; contará coa participación de Eva Quiroga, bióloga especializada na Xestión do Desenvolvemento Sostible, e dos actores e humoristas Fran Rei e Pedro Brandariz

21.00 h
No Seminario, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á Cea solidaria de Cáritas.

Compartir: