Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 13 de xuño

10.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único.- Designación de membros das mesas electorais con motivo das eleccións ao Parlamento de Galicia.

10.20 h
Na Alameda, acto de inauguración da XXXIX Feira do Libro de Santiago de Compostela. Programa:
10:20 – Intervencións:
Pilar Rodríguez Álvarez – presidenta da Federación de Libreiros de Galicia.
Xurxo Couto Rodríguez – deputado de Cultura da Deputación da Coruña.
Román Rodríguez González – conselleiro de Cultura e Turismo
Xosé Sánchez Bugallo – alcalde de Santiago de Compostela
10:35 – Pregón da escritora María Solar.
10:45 – Visita ás casetas e ao recinto da Feira.

11.15 h
No Hotel Monumento San Francisco, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto en recordo das vítimas da COVID-19 organizado pola Xunta de Galicia.

12.00 h
Na Igrexa de San Francisco, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao funeral en memoria das vítimas da COVID-19.

Compartir: