Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsión informativas para o venres 28 de xuño

10.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Proposta da alcaldía sobre a periodicidade das sesións do pleno da corporación.
2. Proposta da alcaldía sobre creación e composición das comisións de informe, estudio e proposta, de carácter permanente e especial.
3. Proposta da alcaldía de representacións dos grupos políticos municipais en distintas sociedades.
4. Proposta da alcaldía relativa ao número de representantes dos grupos políticos municipais no Consorcio, Auditorio e Consellos sectoriais de actuación municipal.
5. Proposta da alcaldía relativa ao réxime de indemnizacións e dedicacións exclusivas dos membros da corporación, así como aos grupos políticos municipais.
5. Dar conta da constitución dos grupos políticos municipais.
6. Dar conta da constitución da Xunta de Goberno, acordo de delegación de competencias da Xunta de Goberno e resolucións de nomeamento de membros da Xunta de Goberno, tenentes de alcalde e concellarías delegadas.

11.30 h
Na praza do Obradoiro, acto institucional con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBI.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
En San Domingos de Bonaval, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega das Medallas Castelao.

19.00 h
Na Galería Sargadelos, o concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo, Sindo Guinarte, clausura a exposición "Camiño do Norte, visións contemporáneas".

20.00 h
No Hotel-Monumento San Francisco, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á XI Noite da Enxeñaría Informática.

20.30 h
No Teatro Principal, concerto inaugural do Festival internacional Peregrinos Musicais.

21.00 h
No Xardín do Teatro (Cidade da Cultura), ‘A dúas bandas’, concerto da Banda Municipal de Música de Santiago, dirixida por Casiano Mouriño, e da Banda Municipal de Música da Coruña, dirixida por Juan José Ocón.

Compartir: