Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 23 de maio

11.30 h
Na rúa Corredoira das Fraguas, o alcalde, Martiño Noriega, mantén un encontro co
alumnado do Colexio Vilas Alborada.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Marta Lois, para presentar a 4ª edición do salón VO Vehículo de Ocasión. Na rolda estarán Belén Montero, xerenta do Palacio de Congresos, e Fabián Saavedra, organizador da feira.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar a concentración de escolas (Federación Galega de rugby). Na rolda estarán Jorge Carballido, concelleiro de Deporte de Teo; Beatriz Álvarez Germil, presidenta da Asociación Valentes - Club Deportivo Lobos, e Álvaro Caride, adestrador e director da Escola de Rugby da devandita asociación.

17.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción aos deportistas do Compostela Judo Club.

19.45 h
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), Conversando con… Nicolas Altstaedt, previo ao concerto que ofrece coa Real Filharmonía de Galicia.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, "Sendeiros de Gloria", concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Nicolas Altstaedt, violoncello. Dentro do Programa de Abono, interpretan obras de Ravel, Shostakovich, Haydn e Kelly.

Compartir: