Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 29 de outubro

8.45 h
Na sede do Consorcio, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside a Comisión Executiva da entidade interadministrativa. (SÓ GRÁFICOS).

9.30 h
No Pazo de Congresos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto inaugural da 30ª Semana da Estrada, organizada pola Asociación Española de la Carretera.

10.00 h
No Pazo de Congresos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á X Asemblea Xeral da FEGAMP.

12.00 h
No Auditorio de Galicia (hall da sala de exposicións), presentación da ópera galega "A amnesia de Clío". Asisten:
Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais
Jacobo Sutil, director da AGADIC
Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago
Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago
Sabela García, directora técnica da Real Filharmonía de Galicia
Xurxo Couto, deputado provincial de Cultura da Coruña
Jesús Couceiro, presidente da Asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela
Fernando Buíde, compositor
Marta Pazos, directora escénica (compañía Voadora)
José Díaz, produtor (compañía Voadora)
Raquel Lojendio, soprano e protagonista

17.00 h
En Afundación (praza de Cervantes), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de presentación da nova directiva e do proxecto da nova sede da Asociación contra o cancro en Santiago.

19.00 h
No parque de Vista Alegre, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Noa Díaz, visitan a Escola Municipal de Música.

Compartir: