Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 5 de setembro

9.00 h
No Salón de Actos da Facultade de Filoloxía, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asiste á inauguración do XXIX Congreso Internacional ASELE 2018.

10.30 h
No CEIP Raíña Fabiola, o concelleiro de Educación, Manuel Dios, visita o programa municipal de conciliación de verán para facer balance do mesmo.

11.00 h
En Madrid, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, reúnense co director xeral de Auga, Manuel Menéndez.

11.30 h
No CERSIA, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, preside a reunión sobre a campaña "En negro contra as violencias", xuntanza na que participan 55 administracións.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar as residencias artísticas do proxecto Wom@rts. Na rolda estarán tamén o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, e tres das catro artistas galegas participantes: Mery Pais, Teresa Búa e Haya Blanco.

12.00 h
No Salón Nobre de Fonseca, a tenente de alcalde María Rozas asiste ao acto de inauguración do curso académico da USC.

20.30 h
No Teatro Principal, Contraproducións presenta "Commedia", dirixida por Cándido Pazó e con Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Nuria Sanz, Sergio Zearreta, Avelino González e César Goldi. Represéntase de novo, 25 anos despois de se converter nun dos fitos do teatro galego.

Compartir: