Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 3 de setembro

11.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa Xunta de Persoal do 061 en Santiago. Declaracións ás 11.30 h, aprox.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de presentación da quinta edición de WOS Festival x SON Estrella Galicia. Asisten: Branca Novoneyra, concelleira de Acción Cultural; Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña; Jacobo Sutil, director de AGADIC; Ana Isabel Vázquez Reboredo, directora xerente da Fundación Cidade da Cultura; Víctor Mantiñán, responsable de patrocinios de música de SON Estrella Galicia, e Iván Arias, director do festival.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, sobre asuntos da súa área.

Compartir: