Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 12 de setembro

11.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, sorteo de emparellamentos da Supercopa Endesa que se disputará en Santiago os próximos 21 e 22 de setembro. O acto, que será conducido por Joe Arlauckas, contará coa presenza do alcalde de Santiago, Martiño Noriega; do presidente da ACB, Antonio Martín; do deputado responsable da área de deportes da Deputación da Coruña, José García Liñares; e do director xeral territorial zona Noroeste de Endesa, Miguel Temboury. Representando aos catro equipos participantes estarán: Raúl López, presidente do Monbus Obradoiro; Alberto Herreros, director técnico do Real Madrid; Nacho Rodríguez, manager do Barça Lassa, e Félix Fernández, director deportivo do Kirolbet Baskonia.

13.00 h
No salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura o curso escolar de infantil e primaria.

19.00 h
Na Praza Aurelio Aguirre en Conxo, concerto da Real Filharmonía de Galicia, dentro da RFG na Cidade. Dirixidos por Jan Wierzba, interpretan obras de Mozart, Elgar, Bartok e Mendelssohn.

Compartir: