Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 6 de xuño

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, Rafael Peña, para presentar o calendario de rozas.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o XX Maratón Autonómico Urbano Santiago 2018 "Special Olympics". Na rolda estarán os presidentes de Special Olympics, Eladio Fernández, e de Aspas, Marcelo de la Cruz.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar a Trail Galaica Santiago Monte Pedroso. Na rolda estará Iván Sanmartín, delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo, e Ricardo Senda, da empresa Imaxon.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar os "Sábados Matinais de Cervantes", que se celebran todos os sábados de xuño. Na rolda participan tamén Manuel Manquiña e Alfonso Espiño, do grupo Los Fabulosos Weekend, que participan nunha sesión.

18.00 h
Na carpa da SELIC, contacontos organizado por Solidariedade Internacional Galicia no marco das actividades de Compostela + Solidaria.

19.00 h
No CSC das Fontiñas, proxección do documental "Creasalud", de Farmamundi, no marco das actividades de Compostela + Solidaria.

19.30 h
No CGAC, inauguración das Xornadas de Música Contemporánea 2018, cunha mesa redonda "60 aniversario Enrique X. Macías (1958-1995). E.X. Macías, unha perspectiva persoal". Participan o editor Manuel Bragado, o profesor de musicoloxía da USC, Carlos Villanueva; e Javier Macías, irmán de Enrique X. Macías, moderados por Mercedes Rosón, subdirectora da área de Cultura da USC.

20.30 h
No CGAC, concerto da pianista Isabel Pérez Dobarro, dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

Compartir: